Ola! Son Mónica! Gandeira da explotación As Vacas dos Meus localizada no concello de Abadín.
Como habitante do rural e gandeira de profesión vinme moitas veces na problemática de querer contratar persoal para facer un traballo e non atopar a ninguén.
Trátase dun problema que ocorre en toda Galicia polo que nace a idea de facer unha proposta que poida axudar a poñer en contacto a xente que se necesita.
Esta web trae consigo unha proposta de axuda ante un problema complexo. Nace coas mellores intencións querendo ser de axuda a outras persoas que coma min precisan de terceiros para levar a cabo os traballos.
Axúdame a que todas as persoas que ofrezan algún tipo de servizo no rural se dean de alta nesta plataforma para ser visibles e poder crear unha rede de contactos que nos faga máis fortes.
É totalmente gratuíto e unha riqueza para todos.

Grazas por sumarte a este proxecto e protexer o rural.
